As rexións europeas loitan por un séctor siderúrxico máis competitivo

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou nun seminario no que se debateron os retos para as rexións da transformación industrial
— Os representantes locais e rexionais definiron solucións para afrontar os retos que presenta para o sector europeo a presión da competencia desleal

Avilés, 22 de outubro de 2025. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou hoxe en Avilés no seminario Forxando o futuro: claves para unha industria europea do aceiro competitiva, organizado pola comisión de Política Económica (ECON) do Comité Europeo das Rexións (CdR).

O encontro serviu para fomentar o intercambio de experiencias entre os membros da Comisión ECON e os representantes locais e rexionais sobre como facer fronte aos retos da transformación industrial a escala rexional, centrándose na industria do aceiro e nos seus provedores. A industria siderúrxica da UE enfróntase actualmente a unha forte presión debido ao exceso mundial de capacidade de produción, que supera en máis de cinco veces o consumo anual de aceiro da Unión Europea.

O Comité das Rexións traballa no ditame, liderado por Asturias, sobre o Plan Europeo de Acción para o Aceiro e os Metais, publicado pola Comisión Europea en marzo, no que destaca o papel dos entes locais e rexionais como actores clave para desenvolver ecosistemas industriais e realizar grandes proxectos de investimento público. Jesús Gamallo defendeu en reunións previas da comisión ECON a necesidade de incrementar o investimento en redes eléctricas para que os proxectos de electrificación e descarbonización no sector siderúrxico se poidan acometer con garantías que permitan reducir custos enerxéticos e avanzar na descarbonización.

A posición de Galicia e do CdR segue a estela da Comisión Europea, que vén de anunciar unha nova medida para protexer o sector siderúrxico da UE para substituír a medida de salvagarda do aceiro que expirará en xuño de 2026.

Galicia no Comité Europeo das Rexións

No actual mandato 2025-2030 do Comité Europeo das Rexións (CdR), Galicia participa na comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) e na comisión de Política Económica (ECON). Esta última elabora ditames sobre economía, industria ou competencia, canalizando así a voz das rexións e municipios europeos en relación á política económica, industrial e comercial comunitaria.

Máis información: Xunta de Galicia

Recapiti
María Sabarís