Galicia avoga pola cooperación transfronteiriza no Mediterráneo

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

A Xunta propón o seu modelo de cooperación transfronteiriza como exemplo na Asemblea Rexional Euromediterránea

07/11/2025 |

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participa como membro da Asemblea Rexional Euromediteránea na reunión da asemblea xeral en Palermo

Palermo (Italia), 7 de novembro de 2025. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na reunión da sesión plenaria da Asemblea Rexional Euromediteránea (ARLEM) en Palermo (Italia).

O punto central desta sesión plenaria da ARLEM foi o debate sobre o novo Pacto para o Mediterráneo, no que os membros fixeron fincapé na necesidade de implicar ás autoridades locais e rexionais (ALR) como socios clave na procura de solucións sostibles e participativas.

Neste sentido, o director xeral salientou a importancia de afondar na cooperación transfronteiriza no ámbito mediterráneo. Segundo Gamallo, a ampla tradición europea en cooperación transfronteiriza é un valor clave que debe servir para ampliar a colaboración cos socios da ribeira sur e oriental do Mediterráneo. “ARLEM debe afondar en accións de cooperación transfronteiriza en programas e proxectos como a resiliencia hídrica, a seguridade alimentaria e o apoio á mocidade”, subliñou.

No debate tamén se destacou a importancia das accións de educación e mocidade no Pacto, que inclúen a creación dunha universidade mediterránea e dunha asemblea parlamentaria xuvenil do Mediterráneo, co obxectivo de reforzar a educación e as competencias para facilitar o acceso a mellores empregos.

Galicia en ARLEM

A Asemblea Rexional Euromediterránea (ARLEM) está formada por representantes locais e rexionais da Unión Europea e dos seus socios mediterráneos. Foi creada en 2010 polo Comité Europeo das Rexións (CdR) para que estes actores da UE e os seus homólogos da Unión polo Mediterráneo (UpM) manteñan diálogos políticos e promovan a cooperación interrexional.

Máis información: Xunta de Galicia

Recapiti
María Sabarís