Aberto o prazo de solicitude da bolsa de prácticas de I+D+i na FGE

Compatibilidad
Ahorrar(0)
Compartir

— A bolsa vai dirixida a titulados no eido da comunicación e pode solicitarse ata o 12 de febreiro

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026. Tras a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia de onte, a partir de hoxe está aberto o período de presentación de solicitudes dunha bolsa de formación para realizar prácticas na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas. Esta formación terá unha una duración  de 11 meses e permitirá á persoa seleccionada adquirir experiencia relacionada coa comunicación das políticas comunitarias e a participación galega en asuntos europeos. O inicio das prácticas está previsto para o mes de marzo.

A bolsa vai dirixida ás persoas tituladas no eido da comunicación nos últimos sete anos que teñan algunha vinculación con Galicia. O proceso de selección consiste nunha valoración de méritos, na que se terá en conta o expediente académico, os coñecementos de idiomas e outros títulos académicos, e nunha entrevista persoal, que pesará un 20% no total da puntuación.

Formación sobre a Unión Europea

O programa de bolsas da Fundación Galicia Europa é unha iniciativa enmarcada no compromiso coa formación e a sensibilización sobre a Unión Europea en Galicia desta entidade pública instrumental da Xunta de Galicia.

Dende o seu lanzamento hai máis de tres décadas, máis de 500 bolseiros puideron coñecer de cerca as institucións e políticas europeas, así como o impacto destas na nosa rexión.

Máis información:  https://fundaciongaliciaeuropa.eu/bolsa-galicia-europa-2026/

DOGA de 12 de xaneiro

Detalles de contacto
Vanessa