— A Comisión Europea propón reforzar o mercado do carbono e acelerar a electrificación da industria, do transporte e dos edificios para reducir a dependencia dos combustibles fósiles, impulsar a competitividade e avanzar cara aos obxectivos climáticos de 2040
Bruxelas, 17 de xullo de 2026. A Comisión Europea presentou hoxe un Plan de Acción para a Electrificación co obxectivo de converter Europa no primeiro continente plenamente electrificado e reforzar o mercado do carbono para apoiar a industria europea na transición cara a unha economía limpa.
A dependencia europea dos combustibles fósiles importados expuxo reiteradamente á Unión a crises xeopolíticas, provocando un incremento dos prezos da enerxía para fogares e empresas e reducindo a competitividade. Actualmente, o 70 % da electricidade da UE xa procede de fontes limpas propias, pero a electrificación da demanda enerxética permanece estancada no 23 % desde hai unha década. Por iso, a Comisión considera prioritario acelerar a electrificación da industria, do transporte e dos edificios.
Como parte desta estratexia, avaliarase un obxectivo indicativo de electrificación do 46 % para 2040 dentro do futuro paquete da Unión da Enerxía posterior a 2030. Alcanzar esta meta permitiría reducir en 260.000 millóns de euros anuais a factura europea das importacións de combustibles fósiles, mellorando ao mesmo tempo a seguridade enerxética, a competitividade e a resiliencia da economía.
Para que a industria europea lidere a descarbonización e a electrificación serán necesarios importantes investimentos.
Revisión do RCDE
Desde a súa creación en 2005, o Réxime de Comercio de Dereitos de Emisión (RCDE) xerou máis de 270.000 millóns de euros destinados á innovación, á descarbonización industrial e á modernización do sistema enerxético europeo. Ademais, contribuíu a reducir nun 50 % as emisións dos sectores incluídos neste mecanismo.
Porén, o novo contexto económico e xeopolítico obriga a adaptar este instrumento para reforzar a competitividade europea sen renunciar aos obxectivos climáticos.
A proposta revisa a redución progresiva dos dereitos de emisión entre 2031 e 2040, introduce a posibilidade de empregar ata un 2 % de créditos internacionais de alta calidade e reforza os investimentos destinados á descarbonización industrial.
Entre as principais medidas destaca a creación dun Banco para a Descarbonización Industrial dotado con 100.000 millóns de euros, o mantemento do Fondo de Innovación e a obriga de que os Estados membros destinen o 50 % dos ingresos nacionais procedentes do RCDE a investimentos para descarbonizar os sectores afectados.
A reforma tamén mantén o Fondo de Modernización para apoiar os Estados membros con menor renda, prolonga a asignación gratuíta de dereitos á industria entre 2026 e 2030 e ampliar ata 2038 a eliminación progresiva destas asignacións para os sectores afectados polo Mecanismo de Axuste ás empresas vinculándoa aos investimentos en descarbonización e incorpora as absorcións permanentes de carbono ao sistema.
Ademais, prevese aumentar en 6.000 millóns de euros as asignacións gratuítas á industria entre 2026 e 2030 e ampliar ata 2038 a eliminación progresiva destas asignacións para os sectores afectados polo Mecanismo de Axuste na Fronteira por Carbono.
A Comisión propón igualmente reforzar a Reserva de Estabilidade do Mercado para reducir a volatilidade dos prezos e ampliar o RCDE aos sectores da aviación, do transporte marítimo e da incineración de residuos.
Plan de Acción para a Electrificación
Segundo a Comisión, a electrificación ofrece importantes vantaxes económicas aos consumidores. Un vehículo eléctrico pode reducir ata nun 78 % os custos fronte a un vehículo de combustión, mentres que substituír unha caldeira de gas por unhairas. O prezo da electricidade segue sendo, en moitos casos, ata tres veces superior ao do gas; as conexións á rede eléctrica sofren longos atrasos; numerosas innovacións non chegan ao mercado e continúan existindo poucos incent bomba de calor pode diminuír ata un 60 % a factura da calefacción.
Non obstante, persisten importantes barreiras. O prezo da electricidade segue sendo, en moitos casos, ata tres veces superior ao do gas; as conexións á rede eléctrica sofren longos atrasos; numerosas innovacións non chegan ao mercado e continúan existindo poucos incentivos para abandonar os combustibles fósiles.
O Plan de Acción busca reducir esta diferenza de custos, favorecer a implantación de tecnoloxías como bombas de calor, vehículos eléctricos e baterías e crear condicións máis favorables para que consumidoresaxes da rede e de determinados impostos para consumidores e industrias intensivas en enerxía, a implantación acelerada de contadores e empresas aposten pola electrificación.
Entre as medidas previstas inclúense a redución das peaxes da rede e de determinados impostos para consumidores e industrias intensivas en enerxía, a implantación acelerada de contadores intelixentes e unha fiscalidade que non penalice a electricidade fronte ao gas.
O documento tamén contempla novos instrumentos financeiros para facilitar o acceso ás tecnoloxías limpas nos edificios, no transporte e na industria, aproveitando fondos europeos como o Fondo Social para o Clima ou o futuro Banco para a Descarbonización Industrial.
Finalmente, a Comisión subliña que a expansión e modernización das redes eléctricas será esencial para facer posible esta transformación, ao tempo que aposta por impulsar a innovación, fortalecer a capacidade industrial europea e formar unha man de obra preparada para crear centos de miles de empregos vinculados á electrificación.