— O conselleiro convidou a Kata Tüttő a visitar Galicia e defendeu unha maior participación das rexións no próximo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034
Bruxelas, 4 de novembro de 2026. O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse en Bruxelas coa presidenta do Comité Europeo das Rexións (CdR), Kata Tüttő, e convidouna a visitar Galicia para abordar sobre o terreo a importancia dos proxectos europeos e a contribución da política de cohesión ao desenvolvemento rexional. Na xuntanza estiveron tamén o secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Abad, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo.
Diego Calvo aproveitou o encontro para insistir na necesidade de potenciar o papel das rexións no próximo Marco Financeiro Plurianual Europeo 28-34, asunto que Galicia vén defendendo xa desde hai tempo ante as institucións colexisladoras en coordinación co resto das comunidades autónomas. Ademais, amosou a vontade de Galicia de seguir reforzando a cooperación co Comité Europeo das Rexións en ámbitos de interese común, como o impulso ao Xacobeo e o Camiño de Santiago, a cohesión, o patrimonio cultural, o turismo sostible e a construción europea desde os territorios.
Galicia Calidade. Diálogos en Bruxelas
A visita de Diego Calvo a Bruxelas incluíu tamén a súa participación na segunda edición do ciclo «Galicia Calidade. Diálogos en Bruxelas», organizado pola Xunta a través da Fundación Galicia Europa. O encontro, protagonizado polo presidente executivo de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, abordou a expansión internacional da compañía e o papel da UE no reforzo da competitividade empresarial.
Máis información: Xunta de Galicia