Galicia pecha un 2024 de recoñecementos en Bruxelas | FGE

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

Neste último boletín do ano, damos conta dunha ampla participación da Xunta de Galicia en foros comunitarios relacionados con temas moi dispares: dende a industria do automóbil ata o uso da madeira na construción, pasando pola contaminación mariña ou a pesca.

Ademais, dous proxectos galegos foron galardoados en senllos concursos a nivel europeo: os 300 quilómetros de sendas peonís e ciclistas construídas en Galicia gañaron un premio á excelencia na seguridade viaria e a ferramenta de Emprego Intelixente EMI, implantada nas oficinas de emprego, recibiu unha mención especial do Observatorio europeo de vixilancia tecnolóxica do sector público. Xunto ao recoñecemento como Rexión Emprendedora Europea 2025, son tres os premios recibidos por Galicia este ano, algo excepcional que, sen dúbida, contribúe á aumentar a proxección galega na UE.

A celebración do trixésimo aniversario do Comité Europeo das Rexións, que coincidiu co final do seu sétimo mandato, completou un mes de novembro no que tamén estivemos moi atentos á posta en marcha da nova Comisión Europea e das novas iniciativas que se anuncian.

No tocante ao financiamento comunitario, recibimos en Bruxelas a 20 profesionais galegos nunha nova edición do noso curso TecEuropa. Durante unha semana, técnicos da administración autonómica, de concellos e doutras entidades afondaron no funcionamento da UE e das políticas que están detrás dos fondos europeos co obxectivo último de aumentar a súa participación en proxectos europeos.

Boa lectura!

Recapiti
Alejandro Gesto