Newsletter Galicia-UE | Posición de Galicia sobre o futuro MFP

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

Un ano máis, Galicia participou na Semana Europea de Rexións e Cidades, unha cita que congregou en Bruxelas a miles de participantes arredor de 200 sesións nas que puideron intercambiar experiencias de xestión pública. Galicia destacou cunha axenda centrada en defensa, cooperación transfronteiriza, industria verde e emprendemento. A través da Fundación Galicia Europa (FGE), que este ano organizou catro eventos. A nosa comunidade leva participando na #EURegionsWeek dende as súas orixes no ano 2003. 

Pero o tema que marcou a axenda europea para Galicia este pasado mes foi a unión das rexións españolas ante a proposta da Comisión Europea para o próximo Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028–2034. A delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), composta por 21 representantes de comunidades autónomas e entidades locais, adoptou en Santiago de Compostela a Declaración Galicia. Unha declaración firme de rexeitamento ante a nova proposta da Comisión que promove unha excesiva centralización das decisións, debilita o papel das rexións na definición das prioridades de gasto e pon en risco o principio de cohesión territorial da Unión Europea. 

Pechamos outubro coa entrega do premio #EuropaXunta aos mellores proxectos galegos cofinanciados con fondos europeos. No evento resultou vencedora a iniciativa Xuventude Mentoring, un programa integral de orientación, formación e mentoría destinado á mocidade, que ten por obxectivo favorecer a transición do ámbito académico á vida laboral.  

Pola súa parte, a Comisión Europea presentou o seu programa de traballo de 2026, o cal esboza unha serie de medidas para axudar a construír unha Europa máis soberana e independente. Este programa reflicte os esforzos arredor das prioridades actuais da Unión Europea co obxectivo de mellorar a súa competitividade, liderar a innovación limpa e dixital a escala mundial, reforzar o modelo social único europeo e garantir a seguridade colectiva. 

No apartado EuroXuventude, a oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas acolleu o V Seminario Interrexional do proxecto “Rural Youth Future”. Os participantes fixeron balance dos primeiros resultados do proxecto e da importancia da aprendizaxe interrexional como motor de innovación e desenvolvemento nas zonas rurais. 

Boa lectura!

Recapiti
María Sabarís