Encontros virtuais Xunta-EU sobre a política pesqueira europea

Compatibilità
Salva(0)
Condividi

— A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, inaugurou e moderou a sesión.

— O encontro centrouse nos retos e prioridades da política pesqueira europea para os próximos anos, incluíndo o deseño dos fondos dedicados á pesca no futuro orzamento a longo prazo da UE.

Bruxelas, 21 de novembro de 2025 – A Fundación Galicia Europa (FGE) vén de celebrar unha nova sesión do ciclo de ‘Encontros virtuais Xunta-UE’, centrada nesta ocasión no presente e futuro da política pesqueira europea, nun momento clave marcado tanto polas esixencias de sustentabilidade da frota como pola negociación do próximo orzamento a longo prazo da Unión Europea.

A directora da oficina de Bruxelas da FGE, Ana Ramos, abriu o encontro lembrando a relevancia da pesca para Galicia, unha das rexións europeas máis dependentes deste sector. Lembrou que Galicia leva tempo defendendo unha Política Pesqueira Común (PPC) máis próxima ó territorio, equilibrada entre sustentabilidade, economía e dimensión social, e baseada no mellor coñecemento científico. Subliñou tamén a importancia de garantir un fondo pesqueiro forte e específico no orzamento a longo prazo da UE para o período 2028-2034, esencial para apoiar a transición sostible do sector .

Reivindicouse unha PPC equilibrada e un financiamento estable no marco financeiro plurianual 2028-2034

Pola súa banda, un representante da Comisión Europea presentou a visión do executivo comunitario sobre as prioridades da Política Pesqueira Común, os principais desafíos da frota europea e o deseño dos fondos que apoiarán a actividade pesqueira a partir de 2027. En clave galega, Cándido Rial, director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, expuxo o enfoque do Goberno galego ante os retos da nova política europea, detallando as necesidades do sector, o traballo en marcha na Consellería do Mar, e as oportunidades do próximo ciclo financeiro, especialmente en materia de innovación, transición enerxética e competitividade.

Encontros virtuais Xunta-UE

Máis de 700 representantes da Xunta participaron nas 50 sesións dos ‘Encontros virtuais Xunta-UE’, celebrados dende 2020. A Fundación Galicia Europa impulsou esta iniciativa durante a pandemia, para informar da resposta da UE e o deseño do período de programación 21-27, que evolucionou ata converterse nun foro mensual no que debater sobre os temas da axenda comunitaria máis relevantes para Galicia.

Recapiti
Carolina